Galicia Vigo al minuto

Os concelleiros socialistas de Vigo, como os do PP, fan unha doazón do 30% do seu soldo deste mes de abril

Os concelleiros do grupo socialista do Concello de Vigo «doarán o 30% da súa nómina do mes de abril ás arcas municipais con motivo do Covid-19.» Secundan, así a decisión do alcalde, que xa anunciou que renuncia ao 50% do seu salario deste mes, como informó vigoalminuto, e o Grupo Municipal do Partido Popular, que tamén anunciou unha doazón da mesma porcentaxe dos seus ingresos deste mes ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Segundo informan dende o Concello, «os edís adoptan esta posición conxunta como un xesto nestes momentos de crise
sanitaria. A estes efectos e para xestionar o desconto efectivo na nómina, realizarán unha comunicación conxunta ao servizo de Tesourería».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.