Comarcas

@AsNevesConcello pon en marcha a feira máis internacional do Requeixo e do mel

O alcalde de As Neves,  Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o concelleiro de Acción Social, Cultura e Turismo de Monçao, Joao Oliveira, a concelleira de Cultura de As Neves, Rocío Barreiro, e o presidente da Cooperativa do Requeixo das Neves, Alejandro Martínez, presentaron na Escola Profesional do Alto Miño Interior (EPRAMI), en Monçao, la  XXIX Feira do Requeixo e do Mel que se celebrará en As Neves os vindeiros días 10 e 11 de abril.

As actividades do programa deste ano empezarán xa  domingo 15 de marzo, coma explicou Rocío Barreiro, coa ‘IX Ruta BTT O Requeixo’, organizada pola ACD Sanomedio -dende as 08:30h.

O xoves, 2 de abril -ás 15:00h -será o día do III Concurso de Receitas con Requeixo de As Neves, no Obradoiro da EFA A Cancela; o día 3, dende as 11:00h. celébrase o ‘Requeixo Miúdo’, actividade educativa con requeixo e mel, no CEIP Marquesa do pazo da Mercé e o día 4, ás 10:00h. a disputa do Campionato de Badminton IITTR As Neves Vila do Requeixo e Mel, no Pavillón Municipal. Ás 19:30h., na Casa da Xuventude, apertura da Exposición Fotográfica do GDR Condado-Paradanta, ‘Visións do Territorio’, que estará aberta ata o día 19.

O martes, día 7, dende as 17:00 h., no Centro Social,  Xornada técnica sobre ‘O requeixo como produto galego con indicativo de calidade’, impartida por técnicos da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, e cata comentada por técnicos de Taste-Lab. O mércores, día 8, ás 20:00 h., no Auditorio Municipal, actuación da Banda Xuvenil da Banda de Música Municipal de Rubiós.

Días de feira venres e sábado santos

Os actos do primeiro día da Feira do Requeixo comezarán o Venres santo, día 10 de abril, ás 11:00 h. coa apertura da Feira; seguida da Recepción na Casad do Concello; ás 12:00h., o Pregón Gastronómico, a cargo do Chef Iñaki Bretal, integrante do Grupo Nove, do Restaurante O Eirado de Leña, galardoado cun Sol Repsol no ano 2020.

De seguida entrega de premios do III Concurso de Receitas con Requeixo das Neves. Ás 12:30h. Animación musical a cargo de Cé Orquestra; ás 16:30h. Radio Bulebule, actuación infantil a cargo de Paco Nogueiras e ás 20:30h., na Praza Maior, concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.

O segundo día da feira, o sábado, 11, a apertura será ás 12:00h. que dará paso, ás 13:00h, ao Vermú, amenizado por Os Monifates e ás 18:00h. Blues do País en concerto na Praza Maior.

De xeito permanente, durante os dous días da Feira haberá unha carpa de alimentación, carpa de artesanía e espazo infantil.

O valor do Requeixo e do Mel

No acto de presentación, o alcalde das Neves subliñou a importancia de «dar valor ao noso produto e ás persoas que se involucran con él» e resaltou o feito de que o mesmo e quen de i»ncorporar elementos que teñen que ver coa sensibilidade, co sentir da música ou da gastronomía e de motivar emocionalmente».

Xosé Manuel Rodríguez Méndez agradeceu á acollida e o interese da Cámara Municipal e das veciñas e veciños de Monçao, máis que veciños, irmáns que fixeron posible que a Feira do Requeixo medre e sexa xa unha cita que se internacionaliza e que contribúe á cohesión territorial entre estas dúas beiras do Miño que non é un río que separa senón un camiño que xunta.

Unha unión aínda máis estreita entre As Neves e Melgaço

Pechou o acto oficial de presentación o concelleiro de Acción Social de Monçáo quen asegurou que «hoxe estamos todos na casa» e que amosou o seu orgullo porque o lar desta cita fose a Escola de Monçao que «é unha referencia, no eido gastronómico, dentro e tamén fora da nosa vila».

Joao Oliveira, asegurou que «quen vai As Neves á Feira do Requeixo e do Mel acaba sendo cliente dos seus produtos», anunciou que Monçao e As Neves traballan nun proxecto conxunto que vai a estreitar máis a relación entre os dous pobos e concluiu asegurando que «cando un camiña so vai máis rápido, pero quen camiña acompañado chega máis lonxe».

A presentación deu paso a unha degustación, na zona exterior da Escola, de pratos doces e salgados, elaborados polos chefs Fran Soteliño e Rui Ribeiro, cociñados na mesma escola e maridados con viños de Monçao.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.