Comarcas

@AsNevesConcello segue coa repobación dos seus montes e plantará 1.800 árbores máis

O sábado 14 de marzo, impulsado por ONE OAK, o Concello de As Neves, a Comunidade de Montes de Santa Olaia e Voluntariado As Neves, está programada a plantación de 1.800 árbores autóctonas, entre elas 1.000 castiñeiros, na Parroquia de Batalláns.

Esta actividade, que empezará ás 09:30h. está aberta a cantas persoas queiran sumarse a ela que poden anotarse á mesma entrando neste enlace de Internet –https://forms.gle/JccLFM4dPKbMa8yB9 ou poñéndose en contacto no seguinte enderezo electrónico: [email protected].

O proxecto “Renacer das Cinzas”, posto en marcha en 2018 por ONE OAK da man do Concello de As Neves, tiña coma obxectivo a plantación nos montes da vila-que foran arrasados polo lume en outono de 2017- de 10.000 árbores,freixos, castiñeiros e  bidueiros, unha iniciativa que xuntou a máis de 200 voluntarios en decembro de 2018 e uns 300 en febreiro de 2019 unidos para lograr a creación de «cortalunes verdes”  que protexan o patrimonio natural de As Neves no caso de posíbeis incendios.

Ao rematar o traballo, na Asociación de Veciños Coto do Castro terán esperando un churrasco, ao que quen queira pode anotarse por so 10€ ou, un menú vexetariano para aquelas persoas que o prefiran.

Logo da sobremesa e de compartir experiencias, o Concello ten programada, dentro do ciclo ‘Cine de Inverno’, a proxección do filme ‘O que arde’, dirixida por Oliver Laxe, gañadora do premio do público no Festivas de Cannes e de dous Premios Goya, á Mellor Fotografía e Mellor Actriz Revelación, para a lucense Benedicta Sánchez, será ás 20:00 h. con entrada de balde, no Auditorio Municipal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.