Galicia

@anamirandapaz denuncia dende Lesbos a “terrible situación humanitaria” das máis de 27.000 persoas que están no campo de Moira

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denuncia a “terrible situación humanitaria” dos miles de persoas que se atopan no campo de refuxiados de Moria, na illa de Lesbos, que segundo as propias autoridades gregas supera as 27.000 persoas, sendo o maior campo de refuxiados de Europa.

“Non podemos permitir que continúe a sistemática violación dos dereitos humanos e os ataques fascistas que sofren todos os días. A Unión Europea ten que dar unha resposta global a esta situación das persoas migrantes”, subliña Ana Miranda.

Para a portavoz do BNG en Europa resulta “inadmisible que a UE non afronte esta situación de ausencia total de respecto polos máis elementais dereitos humanos e que non ofreza unha solución global á crise humanitaria que viven miles de persoas que escapan da guerra e que por riba ao chegar a Europa son humillados, denigrados e maltratados”. Ademais denuncia a deportación masiva que quere levar a cabo as autoridades gregas desde MItilene, na illa de Lesbos a Turquía.

“O que sucede nos campos de refuxiados como este debería avergoñarnos”, subliña Ana Miranda, quen efectivamente recoñece que non se trata dun problema grego, senón europeo. “É evidente que Grecia por si soa non pode facerse cargo das persoas que chegan as súas costas. Aí é onde ten que actuar Europa”, salienta. “Pero tampouco é de
recibo que Grecia incumpra as leis internacionais e Turquía utilice aos refuxiados como moeda de cambio”, engade desde o porto de Mitilene.

https://twitter.com/anamirandapaz/status/1235199128092672000

Petición de asilo

Deste xeito, Miranda denuncia in situ non só a situación dos miles de persoas que se atopan no campo de refuxiados, senón tamén a violencia exercida contra as persoas migrantes que tratan de achegarse a Moria, que inclúe a suspensión durante un mes do dereito de petición de asilo contemplado na Convención de Xenebra. " “O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa manifestou que os problemas que os Estados poden ter na xestión dos fluxos migratorios ou na recepción de solicitantes de asilo non xustifican o recurso a prácticas que non son compatibles coa Convención”, recorda.

Sobre os mecanismos para solicitar o asilo, a portavoz do BNG en Europa lembra a aprobación na Eurocámara, en decembro de 2018, do visado humanitario, que segundo o estipulado permitiría solicitar os visados en embaixadas e consulados fóra da UE, mediante os que as persoas migrantes poderían viaxar legalmente a un país comunitario
e nel solicitar asilo.

También te puede interesar