'Qué te cuentas?' Cultura

Toda Galicia celebra este luns o ‘Día de Rosalía’ que estará hoxe en Vigo

É, sen dúbida, a muller máis sobranceira da cultura e a literatura galega e un dos símbolos da nosa identidade e coma tal, este luns, coincidindo cos 183 anos do seu nacemento, toda Galicia celebra o ‘Día de Rosalía’, con centos de actos e homenaxes en cada concello, impulsados por asociacións, entidades e organismos públicos.

Hoxe, en Vigo, ás 19:00 horas,impulsados pola Deputación, haberá varios actos de lembranza, entre eles un paseo da propia Rosalía co único pintor que lle fixo un retrato en vida, Modesto  Brocos pola contorna da Porta do Sol e da rúa Chao -onde se atopa a sede viguesa do organismo provincial- para finalizar a representación no mesmo inmoble.

Rosalía y  Brocos, representados polos Quinquilláns, Tero Rodríguez e  Lucho Penabade, viaxarán no tempo e interactuarán con todas as persoas que desexen achegarse a eles para compartir a importancia da cultura, e a literatura en concreto, cunha sociedad presente que segue a ter a esta muller do século  XIX coma un referente, porque como proclama o manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, «é difícil imaxinarnos sen Rosalía, coma é difícil respirar sen aire ou vivir sen auga».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.