Comarcas

@depo_es aproba destinar 463.000€ do ‘Plan Concellos’ para contratar 40 traballadores e traballadoras

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a cuarta concesión de subvencións do ‘Plan Concellos 2020’ correspondentes á Liña 3 de Emprego, cunha achega de 463.526,05€ para Moraña, Pontecesures e Tomiño, que permitirá que estos tres concellos poidan contratar 40 traballadores e traballadoras.

Segundo indicou a presidenta, o Concello de Moraña poderá contratar 7 persoas traballadoras; Pontecesures 9 e Tomiño 24. As persoas contratadas dedicaranse a traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais e son os propios concellos os que solicitan os postos a cubrir a través destas subvencións.

Carmela Silva explicou sobre algúns dos perfís solicitados que «se contratará peóns ou peoas de obra pública, de limpeza e de xardinaría, así como tamén monitores ou monitoras de servizos á comunidade ou ordenanzas». A selección do persoal faise entre persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego (SEPE) e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro do presente ano.

Máis polo miúdo, Moraña poderá contratará 3 peóns de obra pública, 1 condutor ou condutora de maquinaria forestal, 1 peón ou peoa de limpeza, 1 oficial de carpintería e 1 monitor ou monitora de servizos á comunidade.

Pola súa banda, Pontecesures contará con 3 peóns de obra pública, 3 peóns de limpeza de edificios, 1 peón ou peoa de xardinaría, 1 auxiliar administrativo e un ordenanza.

Finalmente, Tomiño empregará 4 peóns de xardinería, 1 carpinteiro ou carpinteira, 2 electricistas, 1 soldador ou soldadora, 2 albaneis, 1 mecánico ou mecánica de automoción, 2 técnicos ou técnicas administrativas, 1 especialista en psicoloxía, 8 peóns en xardinaría, 1 enxeñeiro ou enxeñeira e 1 condutor ou condutora de retroescavadora.

Ata o momento, ó abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2020 xa se aprobaron investimentos en concellos por valor de 4.031.569,82 euros que servirán para contratar un total de 424 persoas en 29 concellos da provincia. A liña de Emprego do programa de cooperación provincial ascende este ano a 9,5 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.