RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

O Sergas asegura que a Área Sanitaria de Vigo presenta os mellores resultados en consultas e ciruxía

«A Área Sanitaria de Vigo acadou os mellores resultados  asistenciais dos últimos anos», tanto en consultas como en intervencións cirúrxicas. En consecuencia, reduciuse a demora media de lista de espera a 61 días, o mellor dato da historia da sanidade pública viguesa». Con estas palabras resume o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, o balance de actividade asistencial do pasado año 2019.
Ciruxía

No referido á actividade cirúrxica, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo realizou o pasado ano un total de 37.041 intervencións totais, un 9,5% máis que no ano 2015, cando se abriu o Hospital Alvaro Cunqueiro. Destas, 31.689 foron programadas e 5.352  urxentes.

Neste incremento da actividade cirúrxica cabe subliñar tamén o crecemento constante da cirurxía ambulatoria, contabilizándose 21.050 procedementos desta modalidade, o 56,8% do total. Estes datos seguen consolidando ao Meixoeiro como o maior centro de cirurxía ambulatoria de Galicia.

Por especialidades, cabe subliñar as case 10.000 intervencións realizadas por Oftalmoloxía (9.973); as 6.076 de Cirurxía Xeral e Dixestiva; e Traumatoloxía, con  4.454 operacións (un 13,25% máis que no pasado ano).

Vías rápidas en consultas

No referido ás consultas, os especialistas do Hospital realizaron 776.969 consultas externas (20.825  máis que o pasado ano), das que 33.497 son e-interconsultas.

Ademais, para aqueles pacientes con sospeita de cancro téñense activados uns circuítos asistenciais específicos para axilizar a súa atención, as chamadas Vías Rápidas de Atención. O pasado ano realizáronse 6.108 consultas e probas aos a través das Vías Rápidas de Colon, Mama, Melanoma, Pulmón, Cabeza e Colo, Próstata, Vexiga e Anafilaxia Himenópteros.

Incremento das consultas telefónicas

No referido á Atención Primaria, o persoal sanitario dos centros de saúde da área de Vigo -Medicina de Familia, Pediatría, Enfermaría, Farmacia, Matronas, Saúde Bucodental e Traballo Social- realizou 5.757.938  consultas, 51.786  máis que hai un ano.  Destas, 630.832 , un 11% do total, foron telefónicas.

Só os médicos de familia efectuaron case tres millóns de consultas (2.999.016), das que  o 16,9% foron consultas telefónicas (507.851). Isto indica un incremento deste tipo de consultas con respecto ao ano pasado dun 5,2% .

«De feito, o programa da consulta telefónica é un dos que se teñen revelado máis eficaces e con maior nivel de aceptación neste nivel asistencial, xa que oferta a posibilidade de ser atendido telefonicamente polo propio médico de familia, e evita polo tanto os desprazamentos ao centro de saúde».

Cabe subliñar que «os datos continúan avalando a capacidade resolutiva da Atención primaria, especialmente en consultas, onde a porcentaxe de derivación de pacientes desde os centros de saúde aos hospitais foi un 5,8%, practicamente igual ao pasado ano».

Repunte nas Urxencias Hospitalarias e récord de ingresos

No referido ás Urxencias, o dato das atendidas nos PACs de Atención Primaria é moi similar ao do ano anterior, contabilizándose 263.051 atencións nos 10 dispositivos da área sanitaria. En concreto, o PAC de Vigo realizou 61.636 atencións urxentes, 167 máis que no ano anterior.

En canto ás urxencias hospitalarias, no 2019 experimentaron un incremento global dun un 4,5 %. Un total de 189.425 pacientes recibiron atención urxente no Álvaro Cunqueiro, dos que 135.517 foron adultos; 42.727 menores de 15 anos; e 11.181 obstetricias. Do total das urxencias atendidas, un 14,50% requiriron ingreso hospitalario.

«Cómpre indicar tamén que, segundo a clasificación por niveis de triaxe, o 49,78% os pacientes que acoden ás urxencias do Álvaro Cunqueiro, onde son atendidos por prioridade clínica e non por orde de chegada, presentan patoloxías que estarían en disposición de ser resoltas noutros dispositivos asistenciais, con menor espera e idéntica resolutividade».

Hospitalización

En relación coa hospitalización, o pasado ano contabilizáronse un total de 44.132 ingresos, a cifra máis alta rexistrada no CHUVI. A estadía media dos pacientes hospitalizados foi de 7,1 días, continuando a evolución descendente dos últimos anos.

Ademais, naceron 3.495 bebés, un cento de nenos máis que o ano anterior (un 3%), o que supón un punto de inflexión con respecto a caída da natalidade continuada que se viña rexistrando dos últimos anos.

También te puede interesar