Galicia

Denuncian a presenza de insectos na comida dun colexio de Gondomar

O BNG ven de denunciar que, máis unha vez, a comida que se serve nos comedores dos centros públicos de ensino de Gondomar carece dos máis elementais controis de calidade. Así, indican dende o Bloque, «no día de hoxe, no CEIP Chano Piñeiro detectaron a presenza de insectos na leituga da comida das crianzas».

No pleno do Concello de Gondomar celebrado en decembro, foi aprobada unha moción do BNG a respecto da xestión dos comedores escolares do concello, na que se instaba ao Goberno galego, «en quen recae a competencia do servizo, e ao Goberno local, que mantén un convenio coa Xunta,» a mudar o actual modelo que ofrece «comida de baixa  calidade, cociñada en produción industrial, lonxe dos lugares onde se come e con moitas horas de antelación ao momento do xantar».

Recollida de sinaturas

Neste sentido ás asociacións de nais e pais dos centros de ensino do concello, a través da Federación de ANPAS do Val Miñor (FAVALMI), inician unha recollida de sinaturas para instar á Xunta e Concello a instalación nun centro educativo da vila dunha cociña con capacidade para elaborar os menús do alumnado de todos os centros de Gondomar, e a
negociar coa empresa de catering que ten o contrato do servizo para que esta teña que elaborar a comida nela.

Deste xeito, a comida pasaría a ser elaborada en proximidade e con produtos de calidade, garantindo unha mellor alimentación do alumnado e a tranquilidade das familias, e actuaría como medida tendente a cambiar o actual modelo de xestión dos comedores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.