Galicia Vigo al minuto

A Cabalgata de Reis deste ano chegará ata Pi e Margall

O alcalde anunciou este luns que a Cabalgata dos Reis Magos do vindeiro domingo, 5 de xaneiro, gañará este ano uns 250 metros de percorrido e discorrerá tamén pola rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII ata acabar en Pi e Margall.  «Imos a prolongar o percorrido para poder acoller á maior xente posible», sinalou Abel Caballero.

Así, as carrozas cos Reis Magos sairán do punto habitual en Isaac Peral, farán unha parada na Porta do Sol e continuarán posteriormente por Elduayen e Paseo de Alfonso, que tamén estarán valadas. «Hai que adaptarse e xa están traballando nos departamentos de Tráfico e Seguridade para establecer o plan de circulación», engadiu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.