'Qué te cuentas?' Cultura

VigoHistórico impulsa unha exposición para reivindicar a peonalización da Porta do Sol sen túnel

Dibuxo:María Lago/O colectivo VigoHistóricocontinúa coa súa “campaña en positivo para por en valor os espazos que se desperdiciarán coa construcción do túnel baixo a Porta do Sol con saida en Elduayen”. Unha das accións que levou a cabo foi recopilar durante dous meses obras de varios autores coa temática do Paseo Alfonso e o impacto que terá o túnel. Diferentes artistas dan a súa visión sobre o balcón da ría.

A inauguración terá lugar este xoves, día 12, ás 19:00 na cafetería El Castro do Paseo Alfonso. As obras estarán expostas ata o 23 de Decembro, non se descarta a exposición en outros emplazamentos.

VigoHistorico busca deste xeito chamar a atención da cidadanía sobre o valor patrimonial que ten a cidade, e da importancia de reivindicalo e coidalo. Segue insistindo que “por este e máis motivos -ecolóxicos, culturais e seguridade de edificios- vale a pena buscar outras alternativas diferentes para a peonalización que non pasen por construir un túnel”.

Peonalización gradual

Dende VigoHistórico apostan por unha “peonalización gradual, con redución de tráfico escalonada, acostumandonos a coller menos o coche, mantendo o transporte público ata que se instalen infraestructuras que permitan acceder a zona”;, na súa opinión, isto “permitiría alcanzar o mesmo obxectivo pero facendo un Casco Vello único, con moitisimo valor social, turístico e patrimonial.”

Pola contra, subliñan as ramplas do túnel divididen en dous as zonas peoniles actuáis. “A peonalización gradual quizáis tarde máis tempo, pero o resultado vale moito a pena”.

También te puede interesar