'Qué te cuentas?' Cultura

VigoHistórico impulsa unha exposición para reivindicar a peonalización da Porta do Sol sen túnel

Dibuxo:María Lago/O colectivo VigoHistóricocontinúa coa súa «campaña en positivo para por en valor os espazos que se desperdiciarán coa construcción do túnel baixo a Porta do Sol con saida en Elduayen». Unha das accións que levou a cabo foi recopilar durante dous meses obras de varios autores coa temática do Paseo Alfonso e o impacto que terá o túnel. Diferentes artistas dan a súa visión sobre o balcón da ría.

A inauguración terá lugar este xoves, día 12, ás 19:00 na cafetería El Castro do Paseo Alfonso. As obras estarán expostas ata o 23 de Decembro, non se descarta a exposición en outros emplazamentos.

VigoHistorico busca deste xeito chamar a atención da cidadanía sobre o valor patrimonial que ten a cidade, e da importancia de reivindicalo e coidalo. Segue insistindo que «por este e máis motivos -ecolóxicos, culturais e seguridade de edificios- vale a pena buscar outras alternativas diferentes para a peonalización que non pasen por construir un túnel».

Peonalización gradual

Dende VigoHistórico apostan por unha «peonalización gradual, con redución de tráfico escalonada, acostumandonos a coller menos o coche, mantendo o transporte público ata que se instalen infraestructuras que permitan acceder a zona»;, na súa opinión, isto «permitiría alcanzar o mesmo obxectivo pero facendo un Casco Vello único, con moitisimo valor social, turístico e patrimonial.»

Pola contra, subliñan as ramplas do túnel divididen en dous as zonas peoniles actuáis. «A peonalización gradual quizáis tarde máis tempo, pero o resultado vale moito a pena».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.