Ciencia y Tecnología Comarcas

O novo centro de saúde de Gondomar empeza a funcionar este venres

Así, o confirmou este mércores o xerente da área sanitaria de Vigo no transcurso da visita ás novas instalacións realizadas polos representastes das organizacións sindicais e  medios de comunicación.

Este novo centro de saúde ven a substituír ao actual, polo que o traslado vaise realizar a partir das 12.00 h. do venres, de xeito que nesa mesma xornada vespertina os profesionais da Unidade de tarde xa poidan pasar consulta nas novas instalacións. En caso de que algún usuario requirise atención inmediata e non demorable, na franxa horaria entre as 12.00 h. e as 15.00 h., será atendido no centro cabeceira da comarca, en Val Miñor.

Máis de 2 millóns de euros de investimento

O novo centro de saúde de Gondomar conta cunha superficie construída de 1.611,20 m2, o que supón un incremento de 990 m2, un 159,45% máis respecto ao espazo do que se dispoñía ata agora.

O novo centro conta na área médica con 6 consultas de medicina xeral, 6 de enfermería, 1 consulta de matrona e 1 sala de educación social, unha sala de toma de mostras, unha sala técnica, 1 sala polivalente e 1 sala de atención ás Urxencias. Na área pediátrica dispón dunha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica. Tamén dispón, entre outras dependencias, dunha área de admisión e un espazo específico para traballo administrativo así como de dous locais de Almacén.

O centro de saúde de Gondomar atende a unha poboación de 10.615 tarxetas sanitarias, das que 1.178 son menores de 15 anos. 

También te puede interesar