Deportes

400 atletas participarán o sábado no Trail Orixes de Mondariz

A poucas horas de pechar o prazo de inscricións están case todas as prazas cubertas para o III Trail Orixes de Mondariz. 
Na modalidade de minitrail, distancia de 14 kilómetros, ampliaronse as prazas de 200 a 230  debido a gran demanda  por parte de corredores que participan nesta modalidade, por iso, dende a organización acordaron este incremento.
No resto de modalidades hai poucas prazas dispoñibles e así este ano, a pesar de ter que adiantar un día por motivo da celebración das eleccións a participación viuse incrementada, chegando a case a 400 atletas participantes.
Hai que lembrar que a carreira consta de tres probas: Maratón, 46 kilómetros; Trail, 26 kilómetros e Minitrail, 14 kilómetros.

También te puede interesar