Vigo al minuto

Galicia nunha situación demográfica crítica: hai case 3 mortes por cada nacemento

No primeiro trimestre deste ano o número de nacementos non chegou aos 4.000, algo inédito dende que se teñen datos

A situación demográfica de Galicia é crítica á vista dos datos difundidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Dacordo cos mesmos, o primeiro trimestre deste ano o número de nacementos non chegou aos 4.000, algo que ocorre por primeira vez dende que se ten referencia.

En concreto, entre xaneiro e marzo naceron 3.854 galegos, 207 menos que no mesmo período de 2018, candoi foron 4.061. Esta circunstacia é aínda máis preocupante considerando que o ano pasado foi no que houbo menos necementos dende que existen rexistros, o cal apunta a que demográficamente, 2019 pode ser o peor ano da historia en Galicia.

Ourense e Lugo, esmorecen

Máis polo miúdo, analizando os datos por provincias, é posible constatar que en Lugo naceron nestes meses 412 nenos, pero houbo 1.322 mortes, o que supón más de 3 falecementos por cada nacemento; os datos de Ourense aínda son peores: 321 nacementos e 1.326 mortes: máis de 4 falecidos por cada recén nacido.

Na provincia de A Coruña houbo 1.623 nacementos fronte a 3.419 mortes, o que supón máis do dobre de falecementos que de alumeamentos e na provincia de Pontevedra  1.498 nacementos por 2.644 mortes, unha media de 1,7 persoas mortas por cada unha recen nacida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.