Galicia Vigo al minuto

25.600 personas contratadas durante o Nadal en Galicia

25.600 persoas serán contratadas en Galicia durante a campaña de Nadal– que abrangue os meses de novembro, decembro e xaneiro-. Esta é a previsión que reflicte un informe de Randstad difundido este luns.

Dacordo co mesmo, o número de contratos aumentará este ano un 5,5% en relación co Nadal de 2018, o que representa unhas 1.330 persoas máis.

Por provincias, a maior contratación agárdase na de Pontevedra, con uns 10.590 contratos-un 5,15% máis-, seguida de A Coruña, con 10.540-con un aumento do 6,5%-, Lugo, con 2.720-un incremento do 2,5%-, e Ourense, con menos de 1.800- e un 5,4% máis que hai un ano-.

Os profesionais máis demandados durante estes meses serán aqueles que desenrolan o seu traballo no sector do comercio, a hostalaría, o transporte e a loxística.

También te puede interesar