Ciencia y Tecnología Galicia

@Xunta convocará 1.161 prazas nas oposicións do ano que ven

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou este xoves que a Xunta remitirá esta mesma semana ás organizacións sindicais as convocatorias de oposicións para cubrir 1.161 prazas en diversas categorías de Administración Xeral.

“Trátase de convocatorias moi agardadas polo persoal que quere estabilizar o seu posto de traballo e polos moitos mozos e mozas que aspiran a acceder a un emprego estable e de calidade na Xunta de Galicia”, subliñou o conselleiro.

Destas 1.161 prazas, 239 son para o corpo superior A1; 222 para o corpo de xestión A2; 291 prazas para o corpo administrativo C1; e 409 prazas de auxiliar administrativo C2. A estas prazas, hai que sumar as convocatorias de emprego social anunciadas o mes pasado con 591 prazas.

A través de todas estas convocatorias, «a Xunta non só promove a estabilidade do emprego temporal senón que tamén realiza a cobertura de prazas vacantes por xubilación ou de nova creación nos servizos públicos que presta a Administración galega».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.