Deportes Vigo al minuto

Aberta a inscrición para a Carrera Solidaria pola Esclerose Múltiple en Vigo

Bouzas será o punto de partida e final da sétima edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple o vindeiro domingo, día 27 (11:00h.)

Repetindo a fórmula do ano pasado, a alameda Suárez Llanos acollerá a saída das dúas carreiras -de cinco e dez quilómetros- e da andaina popular que programa Avempo.

O percorrido é circular, desde a alameda pasando por Pescadores, Eduardo Cabello, Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás Alonso. Os que compitan na categoría dos dez quilómetros darán dúas voltas ao nomeado circuíto.

Chegar aos 2.000 participantes

O obxectivo que se marca a organización é alcanzar este domingo os 2.000 participantes. O prazo de inscrición continúa aberto, a formalizar tanto na sede de Avempo (en Camilo Veiga 44) como online no portal de Laptime. Os primeiros 300 anotados nas carreiras recibirán unha camiseta técnica e os cen primeiros para a andaina, unha mochila ou bolsa de tela.

Tal e como contaron dous dos seus organizadores, Nuria Martí e Alberto Campos, este luns en  rolda de prensa, a cita solidaria do domingo é fundamental para o funcionamento de Avempo, polo que animaron á cidadanía a participar nesta xornada. Ademais, a organización habilita un «dorsal 0» para todos aqueles que, sen participar na proba, queiran colaborar coa causa.

A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e dexenerativa do sistema nervioso central que afecta ao cerebro e á medula espinal. É unha das enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a poboación de 20 e 30 anos, con máis de 47.000 persoas afectadas en España.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.