Galicia Vigo al día

@depo_es prorrogra o servizo de Teleasistencia que se presta a veciñas e veciños de 46 concellos da provincia

Carmela Silva anunciou este venres a prórroga do acordo marco que rexe a prestación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

O servizo prorrogarase entre xaneiro de 2020 e xaneiro de 2021 cun custe de 174.480€ dos cales a Deputación achega o 50% e os concellos o 50% restante.

“Como saben, cando chegamos á Deputación de Pontevedra existía xa un convenio de Teleasistencia a través do cal se estipulaba que a institución provincial cubría o 34% do custe real do servizo. Nós modificamos este convenio de tal forma que a Deputación pasou de cubrir o 34% do custe a cubrir o 50%, de tal forma que para o vindeiro ano achegaremos 87.240 € dos 174.480 € que supón o servizo, é dicir, a metade”, asegurou a presidenta da Deputación.

A empresa que se encarga da prestación do servizo de xestión da Teleasistencia Domiciliaria é Quavitae Servicios Asitenciales S.A.U. nun total de 46 concellos.

630 persoas atendidas 24 horas ao día 365 días ao ano

Através da Teleasistencia Domiciliaria estase a dar servizo a 630 persoas que precisan dunha atención continuada. Deste xeito, o servizo vai dirixido a persoas que viven soas ou pasan grande parte do día en soidade, persoas con idade avanzada, diversidade funcional, illamento social, enfermidade, situación de risco psicosocial ou físico.

Todas e todos eles poden seguir vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, xa que con só pulsar un botón dáse resposta inmediata ás situacións de emerxencia no fogar, 24 horas ao día e 365 días ao ano. Para elo, as persoas usuarias deben ter liña telefónica, xa sexa fixa ou móbil.

También te puede interesar