Destacados Vigo al minuto

170 médicos de todo o mundo asisten en Vigo á Reunión Europea de Investigación de Atención Primaria

O Hospital Álvaro Cunqueiro, é a sede da reunión europea de investigación de Atención Primaria, que comezou este xoves, día 17, e que se clausurará mañá, sábado. A Área Sanitaria viguesa coordina o evento, o máis importante de Europa relacionado coa investigación nesta especialidade.

De xeito paralelo á 89ª edición da reunión da Rede Europea de Investigación en Medicina de Familia (EGPRN), realízanse as XXIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e a XIX Xornada da Red Española de Atención Primaria (REAP).

A coordinadora da reunión, Ana Clavería, considera que “é importante para a nosa área sanitaria que este evento se celebre en Vigo, polo nivel de investigación que hai na Atención Primaria aquí e a implicación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) nela”.

A reunión está orientada á participación, con debates abertos e tempo para establecer ás bases de futuros proxectos multicéntricos e internacionais.

170 médicos de todo o mundo

O lema da reunión é “Medicina de Familia e comunidade: investigación sobre servizos de saúde, melloras de calidade e formación”. Pese a súa priorización aos procesos comunitarios, hai cabida para todo tipo de investigacións con Atención Primaria como eixo, de médicos, enfermeiras, farmacéuticos e outros investigadores.

Ao evento de Vigo asisten ao redor de 170 facultativos de case que todos os países europeos e algúns doutros continentes. No programa están incluídas 90 comunicacións, tanto en relatorios como en pósters. O 20% destas comunicacións están feitas por profesionais galegos, “o que dá idea do nivel de investigación que hai na Atención Primaria en Galicia”, suliña Clavería.

Os principais relatorios estan a cargo da doutora irlandesa Anne MacFarlane, profesora de la Universidad de Limerick, e de Jordi Varela, especialista en Medicina de Familia e experto en xestión sanitaria.

Máis de 120.000 médicos de familia europeos

A Rede Europea forma parte da Organización Mundial de Médicos de Familia. A rama rexional desta organización, WONCA Europa, é a sociedade académica e científica europea máis importante para a medicina xeral e medicina familiar. Representa a 47 organizacións membros e a máis de 120.000 médicos de familia que traballan en países europeos. Dentro dela hai varias ramas específicas, unha das cales é a EGPRN, que se dedica á investigación.

A Rede Europea de Investigación de Medicina de Familia, cuxa reunión anual celebrarase en outubro en Vigo, é unha organización de médicos de familia e outros profesionais da saúde involucrados na investigación en Atención Primaria e Medicina de Familia.

O seu obxectivo é proporcionar unha contorna adecuada para discutir e desenvolver a investigación nese nivel asistencial; fomentar e coordinar estudos multinacionais, intercambiar experiencias e desenvolver unha base científica validada para a práctica xeral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.