Galicia Vigo al minuto

O Concello licita os servizos sanitarios asistenciais de Cedro por 791.000€ anuais

Dúas empresas concorren á licitación do contrato de servizos sanitarios asistenciais para CEDRO, logo de que quedase deserto nunha convocatoria anterior. A oferta é por tres anos e por un importe total de 791.000€ anuais.

CEDRO é o centro municipal de tratamento das drogodependencias, un servizo que o pasado ano 2018 atendeu a 1.025 doentes e inclúe unidades de día e asistencial.

O orzamento desta dotación social para este ano ascende a 1.449.000€ dos que preto dun millón son achegados directamente polo Concello.

También te puede interesar