Comarcas Vigo al minuto

@DignaRRivas e @regades ultiman un convenio de colaboración entre @zonafrancavigo e Concello de Redondela

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o delegado de Zona Franca, David  Regades,  mantiveron este venres unha xuntanza, no concello redonelán, no que analizaron as posibles vías de colaboración para poñer en marcha accións que favorezan o desenvolvemento económico da comarca.

Para a alcaldesa, “Zona Franca é unha ferramenta para o desenvolvemento económico de Vigo e a súa área de influencia, por iso, grazas ao compromiso que hoxe nos manifestou David  Regades, tamén poñerá os seus recursos e coñecementos ao servizo de Redondela”.

Centro de Emprendimento

Os dous responsables trataron neste encontró temas relacionados co desenvolvemento económico e a favor do emprendemento. Neste sentido, estudaron diferentes localizacións onde poder abrir un Centro de Emprendemento e  Innnovación Social.

Sería “un espazo para o intercambio de ideas, onde as emprendedoras e emprendedores atopen apoio administrativo e de xestión e onde poidan resolver as dúbidas iniciais cando un embárcase na posta en marcha dun negocio”.

Para David Regades, “Zona Franca non pode estar de costas a Redondela xa que este concello forma parte do Gran Vigo polo que debemos de poñer todos os recursos que podamos para que a súa economía siga crecendo”.

Así, o delegado e a alcaldesa analizaron as diferentes alternativas que ofrece o Consorcio, coma  as aceleradoras de empresas ‘ViaGalicia’ e  ‘VíaExterio’r, a sociedade de capital-risco ‘Vigo Activo’ ou o servizo de información económica ARDÁN.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.