Deportes Vigo al minuto

@depo_es e Concello aprazan, polo mal tempo, o Tríatlon de Vigo, previsto para este domingo

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vigo, deron a coñecer este venres a segunda edición do DepoDesafío Tríatlon que estaba previsto para este domingo e que por mor da climatoloxía aprázase ata novo aviso, aínda que se está preparando, se o tempo acompaña, para o 27 de outubro. 

O Tríatlon de Vigo, a última das probas do DepoDesafío, contará coa participación de 320 persoas e disputarase, tal e como informou a presidenta provincial, na modalidade sprint que consiste en percorrer “750 metros a nado, 200 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a pe”. 

Anteriormente terá lugar o Acuatlón de Vigo, “pensado para nenas e nenos en categorías alevín, benxamín, infantil e cadete, tal e como informou a presidenta provincial. En total, participarán nesta proba medio centenar de nenas e nenos.

También te puede interesar