Destacados Vigo al minuto

@En_Marea leva ao Parlamento unha iniciativa para que @Xunta compre Povisa

En Marea presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para dar unha saída eficaz ao conflito aberto coa venta de Povisa a un grupo estranxeiro, “que pon en perigo a atención sanitaria de cualidade para  moitas galegas e galegos ademais de facer perigar os postos de traballo dos profesionais da saúde que traballan nese hospital vigués”. 

Segundo defende a deputada Paula Vázquez, o que ten sentido desde o punto de vista de manter a cualidade asistencial e a plantilla actual «é que sexa o propio Servizo Galego de Saúde (Sergas), o que se faga cargo de Povisa», coma xa propuxera tamén o BNG.

Para En Marea o que ten sentido é que o Sergas asuma directamente a xestíón de Povisa,” tendo  en conta que de feito xa é quen asume todos os custes de atención dese hospital ademais de pagar o beneficio da empresa que o xestiona, un beneficio que se aforraría no caso de que Povisa pasara a ser un centro público”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.