Ciencia y Tecnología Destacados

@MareaVigo pide unha auditoría do concerto de Povisa co Servizo Galego de Saúde

Marea de Vigo, logo das novas da posible venda de Povisa trasladou este luns á vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada Eva Solla, a necesidade de solicitar no parlamento unha “auditoría a fondo do concerto do Servizo Galego de Saúde (Sergas)” con esta clínica privada.

O voceiro de Marea de Vigo cualifica este concerto coma “absolutamente singular no Estado español e que, dende hai moitos anos, é un instrumento totalmente vantaxoso para o centro hospitalario privado ao condicionar, entre outras cousas, o non desenvolver un centro hospitalario no Morrazo ou a apertura das plantas ociosas no Meixoeiro»

Para Rubén Pérez, “de novo o grupo da familia Silveira move ficha sen clarificar e blindar o futuro de máis de 1.500 persoas empregadas e das máis de 130.000 cartillas sanitarias que cubre”.

Por isto, Marea de Vigo pide tamén unha “auditoría de todas as empresas do grupo Silveira”, e segue a denunciar que un hospital que forma parte da rede hospitalaria do Servizo Galego de Saúde non pode ser moeda de cambio nas aventuras empresariais e no engorde de sociedades pensadas para a evasión fiscal como son as SICAV’S, que a familia Silveira posúe”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.