Comarcas

#Conectadas2019 @depo_es impulsa dende este mércores accións formativas dirixidas a 400 mulleres

O programa da Deputación de Pontevedra  “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación.

Deste xeito, dende este mércores, 405 mulleres pertencentes a asociacións de 18 concellos pontevedreses comezan 22 cursos. En liñas xerais, a través desta iniciativa da institución provincial, está previsto que participen  4.000 mulleres de 53 concellos da provincia.

O mércores 11 de setembro comezarán seis cursos en asociacións dos concellos do Grove, Redondela, Salceda de Caselas e Vigo.

También te puede interesar