2.899 galegas e galegos anotáronse nas listas do paro das oficinas de emprego de Galicia o pasado mes de agosto, o que supón que hai nelas 153.820 personas anotadas como desempregadas.
Segundo os datos difundidos este martes polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o número de parados rexistrados en agosto en Galicia medrou un 1,92% en relación con xullo, unha porcentaxe que está por riba da media estatal.
Máis paro nas catro provincias
Os datos do Goberno indican que o número de parados rexistrados medrou nas catro provincias galegas o mes pasado, con Pontevedra á cabeza, onde hai 1.186 desempregados máis;na provincia de A Coruña 1.142 personas sanotáronse nas listas do paro; 366 en Ourense e 205 en Lugo.