Galicia

O secretario municipal do Porriño vese obrigado a convocar un Pleno para tratar a xestión económica do Goberno local

O Secretario Municipal do Porriño, logo da negativa da alcaldesa a convocar o Pleno extraordinario solicitado pola maioría da oposición o pasado 18 de xullo , vén de facelo él con data 26 de agosto.

O secretario tomou esta medida logo de que se cumprisen os 15 días establecidos legalmente para que a rexedora convocase ela mesma o Pleno, algo que a oposición denuncia que non fixo.

No Pleno a Corporación tratará o impago a provedores e os incumprimentos en materia ecónomica do Goberno local e, a petición da maioría da oposición-baseada en informes municipais-se revisará a facturación pendente de pago dos anos 2016, 2017 e 2018, que ascende a máis de 5 millóns de euros,  e o inicio dunha investigación da facturación devolta que permita determinar canto se adebeda a cada provedor e elaborar a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito.

“Manipulación e duplicidade”

Dende o Partido Popular do Porriño sinalan que é necesario rematar coa opacidade coa que “o Goberno Municipal está encubrir a súa xestión económica, avalando estas explicacións á cidadanía cos correspondentes informes dos responsables de área e dos técnicos municipais sobre a manipulación ou duplicidade da facturación”.

También te puede interesar