Comarcas

@ArboConcello remata as obras de mellora da estrada provincial no lugar da Lomba

As obras deron comenzo no mes de maio, dacordo o convenio asinado no mes de xuño de 2018 entre o Concello de Arbo e a Deputación de Pontevedra, contando cun investimento de 233.091€, dos que a institución provincial achegou o 70% e o goberno local o 30%.

O alcalde, Horacio Gil, lembra que a estrada atopábase en mal estado o que supoñía un perigo para os veciños do barrio, debido a que é un núcleo rural con vivendas que teñen acceso pola mencionada estrada.

As obras consistieron na mellora do firme, a creación de senllas nos tramos antigos da estrada provincial, a renovación da rede de abastecemento e saneamento, a renovación da iluminación pública, o retranqueo dun muro e a sinalización de toda a zona de actuación.

Gil, subliña que o proxecto foi unha proposta do Concello motivada pola «necesidade de acondicionar dous tramos antigos da estrada que quedaron en desuso despois da construción da variante da vía, e da necesidade de instalar saneamento e abastecemento de auga, mellorar a iluminación e tamén nova sinalización”.

O alcalde subliña que mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario e a dotación de abastecemento es saneamento, seguen a ser as prioridades do Goberno municipal, tendo agora mesmo coma «obxectivos inmediatos», o Centro da Terceira Idade e o Punto de Atención Infantil.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.