Galicia Vigo al día

O Concello adica 3 millóns de euros á mellora de 11 campos de fútbol

No campo da Bouza xa remataron as tarefas que se estaban executando coa previsión de que poida poñerse en funcionamento na semana do 19 de agosto; Bouzas prevé a finalización das melloras na semana do 30 de agosto e xa están rematados os traballos nos campos de Navia, Meixoeiro e Candeán, segundo sinalou este martes o alcalde quen engadiu que a estes cinco campos, o Concello adicou case 2 millóns de euros.

Amais, está rematada a mellora doutros tres terreos de xogo por valor de 410.000€: Valladares e San Miguel de Oia e Matamá.

Agora mesmo, están en proceso de adxudicación os campos de Monte da Mina, San Andrés e Sárdoma – As Relfas que suman un orzamento de 718.000€ e que, en conxunto, suman  11 campos aos que se adica un investimento de 3 millóns de euros.

O alcalde adiantou que, a maiores, quedan pendentes de inicio de obra os campos de Fragoselo e A Guía e xa está en uso o do Carballal.

También te puede interesar