Galicia Vigo al minuto

Aberto o primeiro treito da ‘Vía Verde’ de Vigo

Vai pola rúa Mestre Chané, ten unha lonxitude de 400 metros e ocupa unha superficie de 5.000 m2

Dende este luns está aberto aos veciños un treito de 400 metros de lonxitude e 5.000 metros cadrados de superficie da ‘Vía Verde’ da cidade.

O mesmo, situado ao longo da rúa Mestre Chané, conta con espazos independentes para peóns e ciclistas, desemboca nunha zona de descanso e paseo de máis de 1.000 metros cadrados na que se conservan elementos ferroviarios, como sinalizacións, tramos da vía antiga, os postes da catenaria ou zonas de balastro.

O Concello pechou o paso soterrado que existía na rúa Mestre Chané e substituíuno por unha “comunicación máis directa e en superficie”.

Unha vez aberta na súa totalidade, a Vía Verde contará con 3,6 quilómetros de lonxitude e discorrerá entre Urzáiz e Teis, polas antigas vías do tren. O Concello inviste nesta obra 1,4 millóns de euros para convertir o espazo nunha senda para peóns e ciclistas, con áreas de descanso, miradoiros e paneis informativos, mantendo a esencia ferroviaria no seu deseño.

Para facilitar o acceso, o Goberno local prevé habilitar pasarelas de acceso desde a rúa Navarra e desde a Avenida Buenos Aires.

También te puede interesar