Comarcas

Nova condena ao Concello do Porriño por impago a provedores, agora 468.000€

O Porriño prepárase para celebrar o centenario da Casa do Concello

O xulgado do Contencioso – Administrativo nº3 de Pontevedra ven de condenar ao concello porriés a pagar 468.000€,-máis costas xudiciais e intereses de demora-  á empresa encargada da xestión da piscina municipal.

O fallo xudicial chega tras o recurso presentado pola empresa que levaba anos sen cobrar polos servizos prestados.

Estes 468.000€ engádense aos  473.592€ o que o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra condenou, hai uns día a aboar por facturas impagadas a proveedores-o que fai un total de 941.592€, máis custos-. Estas facturas se presentaban no Rexistro Municipal polas empresas eo Concello tiña que rexitalas posto que no existía contrato algún, ainda que prestaron o servizo.

O mesmo aconteceu coa empresa da piscina: as facturas deste provedor de servizos foron rexeitadas polo Goberno Municipal de maneira reiterada, pese estar acreditado que o servizo se estaba prestando e contar con partida orzamentaria destinada a facer frente ao pago do mesmo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.