'Qué te cuentas?' Galicia

@Xunta suprimirá 6 escolas unitarias e 67 unidades de Educación Primaria, Infantil e Especial para o vindeiro curso

O Goberno de Galicia suprimirá de cara ao curso que ven, 2019-2020, un total de 67 unidades educativas e 6 escolas unitarias nas que se matricularon menos de seis alumnos.

Na provincia de Pontevedra suprimiranse as escolas unitarias de Arcos de Furcos, en Cuntis –que tiña 3 alumnos matriculados-, e a de Zamáns, en Vigo, na que había 5.

A Consellería de Educación cualifica estos peches coma un “proceso habitual», que se realiza cada ano e no que se revisa a matrícula e os postos de traballo docentes en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial.

Pola contra, Educación asegura que proxecta construir novos centros nos vindeiros anos: o Sacro Corazón, en Lugo, en Pazos de Rei, en Tui, en Arteixo, Ames e o CEIP Novo Mesoiro, en A Coruña, nos que investirá preto de 23 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.