'Qué te cuentas?' Destacados

Os machistas matan máis nestes meses: 40 mulleres asasinadas nos tres veráns pasados e 11 no que vai deste

A Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller de Galicia(ASOCIM) sinala que cos asasinatos machistas de Calpe (Alicante) e Vilalba xa son 1.009 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde 2003 e 34 no que levamos de 2019.

Estes asasinatos subliñan o feito de que “durante a época estival obsérvase unha preocupante tendencia: o aumento dos crimes machistas”. Nos meses de xuño, xullo e agosto de 2016, 2017 e 2018, un total de 40 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, segundo recollen as estatísticas da Delegación do Goberno para a Violencia Machista.

“Concretamente, o pasado ano durante este período contabilizáronse 19 crimes machistas e este verán, aínda con xullo por finalizar, xa son 11 os casos”.

Aque se debe este aumento? Segundo Miguel Lorente, ex delegado do Goberno para a Violencia de Xénero, varios factores inflúen no incremento de asasinatos machistas no verán, causas que facilmente poden darse noutras épocas do ano de similares características como o Nadal.

Llorente destaca que o “descenso do ritmo laboral ou o cese da actividade mesma pode levar a que vítima e agresor pasen máis tempo xuntas e, polo tanto, a que a violencia que se viña exercendo ata ese momento aumente, así como os conflitos vencellados á convivencia con outros membros da familia. No caso das ex parellas, as rutinas vense suspendidas polas vacacións algo que o maltratador pode interpretar como perda de control sobre a vítima levándoo a reforzar máis a presión e o control».

Tendo en conta a confluencia de feminicidios durante estes meses, ASOCIM  reclama o reforzo de todos aqueles servizos dirixidos a atención e protección das mulleres especialmente no verán, época na que varios dos factores presentes de forma perenne na problemática da violencia de xénero vense reforzados; o que supón un aumento da vulnerabilidade das vítimas -mulleres e menores-.

Os Centros de Información á Muller

Actualmente hai máis de oitenta CIM distribuídos por toda a xeografía galega, son espazos de referencia nos que as mulleres atoparán asesoramento e acompañamento da man dun cadro de persoal especializado e multidisciplinar que abordará as súas necesidades desde a intervención social, a axuda psicolóxica e a orientación xudicial.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.