Vigo al minuto

Alertan de que segue a haber desafiuzamentos a diario en Vigo sen alternativa para as familias afectadas

O BNG de Vigo a falla de resposta do Concello e da Xunta de Galicia ante estes feitos

O BNG de Vigo vén de alertar de que en Vigo se seguen a producir “desafiuzamentos practicamente a diario sen ningunha alternativa habitacional”.

Como proba do mesmo, o concelleiro do Bloque, Xabier P. Igrexas, denuncia a  situación de dúas familias viguesas cuxos casos eran xa de coñecemento público.

“Nun deles, a familia que tivo que abandonar a súa vivenda viuse abocada estes días a durmir nunha tenda de campaña na rúa despois de que o Concello decidise non continuar a financiar a súa estadía nun hostal”.

Noutro caso, engade o concelleiro do BNG, “a familia afectada recibiu o pasado mércores un segundo requirimento de despexo, emitido polo propio Goberno municipal, no que se lle daba un prazo de 8 horas para desaloxar e se lle indicaba que unicamente terían dereito a permanecer nun hostal por apenas cinco días até que lograran outro aloxamento”.

Falla de resposta de Concello e Xunta

Desde o BNG de Vigo reclaman que “o Concello, por ser a administración máis próxima, pero tamén e sobre todo da Xunta, por ser a administración competente e con recursos, que se actúe de maneira inmediata para evitar que en Vigo se produza nin un só desafiuzamento máis sen unha alternativa habitacional digna na propia cidade”.

O Bloque , acordó coas reivindicacións de diferentes colectivos sociais como a Favec, Os Ninguéns ou a PAH, reclama “medidas e compromisos reais” e subliñaa que “en Vigo se están a destinar apenas 134.000 euros a evitar desafiuzamentos entrementres se gastan, por exemplo, máis de 2 millóns de euros nas becas de inglés”.

“O primeiro dereito das viguesas e dos vigueses, o primeiro dereito de calquera cidadá e cidadán é o de poder habitar a cidade, o de ter un sitio onde vivir, un teito baixo o que durmir, que é o que non garante nin a política aparencial do Goberno municipal nin o abandono da Xunta en Vigo”, subliñou o portavoz nacionalista.

Aliás, volven insistir na necesidade de que en Vigo se poña en marcha un Parque municipal de vivendas sociais, cunha reserva de vivendas para situacións de emerxencia habitacional, lembrando que na cidade hai 18.500 vivendas baleiras que na súa maioría están en mans da Sareb, de fondos voitre ou de bancos privados rescatados con diñeiro público

También te puede interesar