Galicia Sucesos

71 feridos en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia a pasada fin de semana

Persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 12, e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 14 de xullo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en tres ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 61 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar