Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide á Xunta que se faga co control de Vulcano e garanta a súa continuidade

O BNG de Vigo subliña que a inexistencia dunha política indutrial por parte do Goberno de Galicia ten a súa proba no proceso de liquidación de Vulcano.

Para o concelleiro Xabier P.Igrexas é “insultante”  que os responsábeis da Xunta afirmen que se fixo todo o posible por Vulcano e esixe ao Goberno Feijóo que “exerza de verdade as súas competencias e deixe de ignorar as necesidades do tecido produtivo e industrial da nosa cidade e da nosa comarca».

Para o Bloque a construcción naval é unha “actividade estratéxica e un sector clave na economía de Vigo” e por iso demanda que se tomen medidas para que Vulcano non desapareza.

Control público

Nesta liña, o BNG propón que o asteleiro pase a control público logo de que se vise que os actuáis propietarios non son quen de pomelo en marcha.

A xuízo do concelleiro do BNG, Vulcano «reúne as condicións técnicas e loxísticas» para poder ser o Centro de Reparación Naval da  Ría de Vigo. «Nun momento no que o sector naval vive preso das subas e baixas na demanda de buques de nova factura, a reparación naval permitiría estabilizar a produción e o emprego, dotando de maior garantía de futuro o conxunto do sector».

Esta decisión, insiste Xabier P.Igrexas, cumpriría co obxectivo esencial de garantir os postos de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.