Comarcas Vigo al minuto

@depo_es prevé unha ocupacion turística na provincia do 62,7% en xullo e un 71,6% en agosto

A presidenta da Deputación de Pontevedra informou este xoves das estimacións de ocupación na provincia de Pontevedra para os meses de xullo e agosto.

“As previsións son dun 68% de ocupación nos establecementos hoteleiros, cun 62,7% estimado en xullo e un 71,6% en agosto. Trátase de previsións “prudentes e á baixa, en base á información que nos facilitou o sector, xa que consideran que a partir da primeira semana de xullo moveranse un 40% das reservas” e, polo tanto, “os resultados poderán ser superiores en bastantes puntos respecto ás estimacións”.

Carmela Silva asegurou que “as Rías Baixas van ser seguramente as que sigan a recibir máis visitantes de toda Galicia”.

Por comarcas, Turismo Rías Baixas estima un 62,7% en xullo e un 77,5% en agosto no Salnés, fronte aos datos reais de ocupación do 68,5% en xullo e 88,7% en agosto en 2018.

Na comarca de Pontevedra prevese un 65,8% en xullo e un 73,8% en agosto. O ano pasado acadou un 68,2% en xullo e un 82,9% en agosto.

No Morrazo, a previsión é en xullo do 74,3% e en agosto do 84,2%. Os datos reais de 2018 foron do 77,6% en xullo e do 90,7% en agosto.

En Caldas está prevista unha ocupación en xullo do 76,1% e en agosto do 75,8%, fronte aos datos reais do ano pasado: 83% en xullo e 89,3% en agosto.

Na comarca de Vigo, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación en xullo do 70,8% e do 80,3% en agosto. O pasado verán acadou un 72,7% en xullo e un 87,2% en agosto.

No Baixo Miño as estimacións son do 53,7% en xullo e dun 70,2% para o mes de agosto, e os datos reais de 2018 foron do 62,7% en xullo e do 82,3% en agosto.

No Condado e A Paradanta, prevese en xullo un 48,1% e en agosto un 50,8%, mentres que o ano pasado acadou un 56,3% en xullo e un 75% en agosto.

En Deza e Tabeirós-Terra de Montes, está prevista unha ocupación do 49,7% en xullo e do 60,7% en agosto, cuns datos reais do 48,1% en xullo e do 74,8% en agosto de 2018.

Carmela Silva tamén sinalou que “a previsión que temos para turismo rural é dunha ocupación media na provincia de Pontevedra dun 60,9% en xullo e dun 76,6% en agosto, mentres que nos albergues “agardamos un 72,2% de ocupación media na provincia en xullo, e un 78,9% no mes de agosto”.

También te puede interesar