Ciencia y Tecnología Galicia

O Concello licita o servizo sanitario de CEDRO por 752.000€ anuais

O Goberno Local vén de aprobar a licitación do servizo sanitario asistencia de apoio á Unidade Asistencial de Drogodependencias de CEDRO, o centro municipal de tratamento das drogodependencias, un contrato que sae por tres anos, a razón de 752.000€ anuais.

O Concello mantén en funcionamento este servizo desde hai máis 30 anos e o pasado 2018 contou cun volume asistencial total superior ás 1.000 persoas.

O alcalde sinalou este mércores que as administracións locais non teñen competencias en materia sanitaria, pois é unha responsabilidade autonómica. Pese a todo, “nunca imos de deixar de atendelo”, ao tempo que sinalou que hai un “descenso paulatino” na achega da Xunta, de xeito que, na actualidade está mantido polo Concello que aporta o 63% do seu orzamento anual.

También te puede interesar