Galicia

Movemento Salceda e PSOE asinan o acordo de Goberno e fixan as concellerías

Tal como xa se adiantou tras o pleno de investidura a Alcaldía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos.

As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito:

Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos: Loli Castiñeira; Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio: Alex Rodriguez; Vías e Obras, Parques e Xardíns e Servizos Municipais e Mobilidade:            Miguel González; Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo:Lucía Pereira; Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación: Verónica Tourón; Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado: Ángela Ledo e Deportes, medio ambiente e medio rural:Rubén González.

Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición que establece o compromiso de “iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións”.

Doutra banda, Movemento Salceda e PSdeG-PSOE  acordaron tamén sacar adiante en paralelo a Relación de Postos de Traballo (RPT ) municipal e o Convenio Colectivo.

O equipo de Goberno inicia xa os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes que, segundo o pacto asinado, contempla a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.