Ciencia y Tecnología Galicia

O Sergas condenado a indemnizar con 90.000€ a unha paciente á que lle quedou unha man inútil logo dunha operación

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza de primeira instancia que condena o Sergas a indemnizar con 90.000€ a unha paciente do servizo de cirurxía plástica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

A esta paciente quedoulle a man dereita ‘en garra, inutilizada e irreversible, despois de someterse a unha cirurxía de desteitamento do túnel carpiano e a nove intervencións cirúrxicas posteriores. A ferida comezou a supurar aos poucos días da primeira operación, realizada en febreiro de 2013.

«Non pode cualificarse senón de resultado inusualmente grave e desproporcionado o producido tras a intervención, en cuxo suposto a xurisprudencia fai responder á Administración porque se trata dun efecto danoso que normalmente non se produce máis que cando media unha conduta neglixente, salvo que se acredite que a causa estivo fóra da esfera de actuación dos servizos sanitarios ou se debe a unha causa de forza maior, o cal non lograron as demandadas», indican os maxistrados na sentenza.

O TSXG sinala que, se o resultado danoso é «anormal ou inusualmente grave en relación cos riscos que comporta a intervención», como sucede neste caso, «presúmese que a Administración sanitaria non se acomodou aos estándares de actuación esixibles ou non puxo ao dispor do paciente os medios e coñecementos da ciencia e da técnica».

A doutrina do dano desproporcionado, segundo destacan os maxistrados, non se aplica cando o resultado se presenta como unha opción posible, cando constitúe un risco propio da intervención nunha porcentaxe considerable e cando existe actividade probatoria que chega a convencer o órgano xudicial respecto a como se produciu ese resultado.

“No caso presente resulta incuestionable que se produciu un resultado desproporcionado no tratamento dunha cirurxía tan simple -en palabras do cirurxián plástico-, pois quedou inutilizada a man dereita da paciente para calquera tipo de actividade, á parte do prexuízo estético, moral, laboral, familiar e de lecer que lle ocasiona, ademais dunha patoloxía psiquiátrica asociada», salienta o tribunal.

O TSXG indica que a Administración «non foi capaz de ofrecer unha explicación científica razoable» sobre as causas, aínda que asegura que «a máis probable» foi unha infección da ferida.

Sobre o consentimento informado asinado pola paciente ao que fai referencia o Sergas, o tribunal lembra que determina que asume os «riscos habituais» da asistencia médica. «Con todo, unha apreciación racional das cousas non permite erixir o consentimento prestado en escusa incondicionada ante calquera evento adverso», advirten os xuíces.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.