Comarcas

@depo_es lembrará as 1.000 mulleres asasinadas polas violencias machistas, dende o luns cos seus nomes en dúas grandes lonas

A presidenta da Deputación, confirmou este venres que o vindeiro luns, día 17, o organismo provincial pendurará dúas grandes lonas cos nomes das 1.000 mulleres asasinadas polas violencias machistas dende o 2003, ano no que comezaron a existir estatísticas.

O acto, que está programado para as 12:00 horas, “será unha acción activa e colectiva contra a violencia de xénero que asasina ás mulleres cuxos nomes non poden caer no esquecemento ante unha situación tan grave e dramática”.

Carmela Silva tamén quixo expresar hoxe a súa “profundísima indignación co Partido Popular, con Ciudadanos e con Vox por decidir que as leis que loitan contra a violencia machista vanse chamar leis de violencia intra-familiar”.

“Alucinante”, asegurou a presidenta, «porque dicir que a lei contra a violencia de xénero ten que ser unha lei intra-familiar é dar un paso atrás intolerable que as mulleres non lle imos consentir”, engadiu.

Silva salientou que, ante esa decisión, “as mulleres imos saír ás rúas e, cando salgamos, que trema o mundo. Non imos consentir nin un paso atrás porque non hai nada máis importante que a loita polos dereitos das mulleres”, subliñou.

“Somos máis da metade da poboación pero parece que o PP, Ciudadanos e Vox aínda non o saben. Por iso imos ser nós as que lideremos a loitas contra estes partidos.”, concluíu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.