Destacados Vigo al minuto

A Mesa entregará unha ‘Guía para o uso do galego’ aos 3.700 concelleiros que toman posesión este sábado en Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este xoves, en Compostela ,a ‘Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023)’ que entregará aos máis de 3.700 concelleiros e concelleiras que se incorporan este sábado aos 313 concellos do país.

Unha guía que, segundo asegurou o presidente da Mesa, Marcos Maceiras, na presentación, «propón orientacións útiles para cada concelleira ou concelleiro, nas tarefas de goberno ou oposición, sexa cal for a súa área e responsabilidade, que permitan colocar a lingua como necesidade que é en toda a súa acción».

Uso e impulso do galego

O obxectivo da Guía, que tamén está dispoñíbel para descarga na web da Mesa , é que os concellos asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística do concello, con actuacións transversais en todas as áreas municipais procurando o incremento do uso e prestixio da lingua propia de Galicia.

«A actividade municipal precisa da lingua en todo e a lingua galega precisa estar en todo e para todo para existir e se desenvolver con toda a normalidade que lle debe corresponder á lingua propia de calquera país», explicou Maceira, «por iso, entendemos a política de normalización como transversal, que debe implicar todas as áreas e todas as funcións, porque en todas elas debe estar unha lingua que ten a aspiración maioritaria de ser restituída na normalidade».

Garantir o uso da lingua

Algunha das actuacións recollidas pola Guía son que os concellos deben garantir a posibilidade de uso do galego en cada área e que debe haber unha práctica oral e escrita que a faga visíbel e audíbel, «tal e como acontece con calquera lingua realmente oficial e como podemos ver e ouvir nos seus territorios coas linguas oficiais de calquera das outras comunidades lingüísticas do Estado»,  afirmou Maceira, «nomeadamente co castelán».

A Mesa propón, así mesmo, fixar un período de cumprimento e execución que poida ser avaliado, corrixido e mellorado, como calquera outra acción política. Trátase, recordou o presidente da Mesa, dunha «proposta de mínimos que se deben garantir e de actuación sobre os que existe un acordo amplo desde hai anos mais que por desgraza seguen sen seren concretados».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.