Ciencia y Tecnología Destacados

@eva_solla disposta a recurrir á xustiza para que a Xunta diga cantas persoas están nas listas de espera sanitarias en Galicia

Eva Solla, deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, interpelou esta mércores ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, respecto á falta de transparencia da Consellería en relación ás listas de espera non estruturais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Solla cualificou esta situación de «habitual» pero «incomprensible» e preguntoulle ao conselleiro “teremos que recorrer á xustiza para que nos responda sobre os datos das listas de espera non estruturais?».

A deputada volveu denunciar a falta de transparencia da Consellería de Sanidade respecto aos datos das listas de espera non estruturais e «do peche de até 900 camas este verán». «A negativa constante do Goberno á hora de dar a coñecer o número de persoas existentes nas listas non estruturais pon en evidencia o intento por agochar unha realidade consecuencia das políticas de recortes e privatizacións nos servizos públicos», sentenciou.

En relación ao peche de camas, a deputada sinalou que «a situación agrávase cando cada ano no Servizo Galego de Saúde pechan na tempada de estío centos de camas sen máis motivo que o suposto aforro e afirmación errónea de que no verán enferma menos a xente. Nada mais lonxe da realidade, durante os meses de verán a xente enferma igual, existindo picos de incidencia nas urxencias que chegan a producir colapsos como os acontecidos en anos anteriores».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.