Galicia Sucesos

57 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 57 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 7 , e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 9 de xuño.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 60. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en dúas accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 48 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar