Vigo al minuto

@bngvigo demanda unha mellora no Vitrasa nocturno

“Unha das maiores reivindicacións da mocidade viguesa e unha das tarefas pendentes na cidade é mellorar a serio o servizo de autobús nocturno”.

En base a esta idea, o concelleiro electo do BNG, Xabier P. Igrexas pide o “reforzo e ampliación das actuais liñas nocturnas”.

Igrexas subliña que o actual servizo é “claramente insuficiente” e sinala que de domingo a xoves só funciona a liña N1 con 5 frecuencias, o venres o N1 aumenta até 9 as viaxes pero a N2, que conecta unha zona con tanta xuventude como é Navia, só ten 5 frecuencias. O sábado o N1 mantén as frecuencias do día anterior e o N2 suma dúas. No entanto, a liña N3 conta cunha soa frecuencia e unicamente opera os venres.

O Bloque defende unha “mellora substancial” do servizo nocturno de autobús “apostando por unha mobilidade sustentábel pero sobre todo moito mais segura”. “A mellor maneira de apostar pola seguridade vial, de evitar riscos de accidente, é facer que a mocidade viguesa non se vexa obrigada a ter que usar o vehículo privado para saír pola noite”.

A este respeito o Bloque no so demanda o reforzo das tres liñas actuáis, tamén a posta en marcha de novas liñas para conectar mellor a cidade.

 

También te puede interesar