Galicia

Adxudicadas as obras de mellora de estradas de Mondariz, Ponteareas, Salvaterra, Tui e A Cañiza

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora de firme en varias estradas autonómicas ao seu paso polas comarcas do Condado, da Paradanta e do Baixo Miño, por un investimento de máis de 562.000€.

Estas actuacións, cuxo inicio se prevé para o próximo mes de xuño, terán un prazo de execución duns 4 meses.

As obras consistirán na rehabilitación da capa de rodadura en diferentes tramos de varias vías autonómicas desta contorna, que presentan carencias, co fin de mellorar o seu estado de conservación e incrementar a seguridade viaria.

As reparacións levaranse a cabo na estrada PO-252, no concello de Mondariz, no tramo entre o p.q. 3+820 e 4+000; na PO-254, nas travesías de Bugarín, Prado e Pías, nos concellos de Ponteareas e Mondariz; ou na PO-262, entre o p.q. 0 e o 3+500, e na travesía de Vilasobroso, tamén no concello de Mondariz.

Outras estradas nas que tamén se actuará, no marco deste contrato, son a PO-400, no tramo entre o p.q. 0+100 e o 3+400; e na PO-403, dende o p.q. 0 ao 10+800, nos concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Este contrato tamén contempla melloras de firme no concello de Tui, concretamente na estrada PO-404, ao seu paso pola parroquia de Guillarei; ou no concello da Cañiza, na travesía desta localidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.