Comarcas

@ConcelloNigran abre a inscricion para o ‘Campamento de Verán’

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza o “Campamento de Verán 2019” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

O mesmo está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 25 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 23 de maio.

Decordo coa información do Concello, desenvolverase nas instalación do CPI Arquitecto Palaciós. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina Web www.nigran.org.

También te puede interesar