Deportes Vigo al minuto

O Concello abriu o prazo para solicitar subvencións aos clubs de deporte de base

Dende o pasado venres, coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), está aberto o prazo para soclicitar a concesión de subvencións do Concello a entidades deportivas da cidade en relación a súa actividade co deporte de base na temporada 2018/2019.

O importe total das achegas é de 850.000€ e os beneficiarios son clubs deportivos, asociacións, agrupacións e entidades deportivas de Vigo.

O procedemento de concesión das subvencións é por concorrencia competitiva e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación no Boletín da Provincia.

También te puede interesar