RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

62 persoas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 62 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 26 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 28 de abril.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En cinco casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en   57 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar