Destacados Vigo al minuto

Pensonistas e xubilados maniféstanse en Vigo en defensa do sistema público de pensións

Ao berro de “Que non nos rouben as nosas pensións!”, “Con este goberno imos de cu” ou “Pensións dignas e garantidas” o colectivo de xubilados e pensionistas da CIG de Vigo saíu este venres á rúa en defensa do sistema público de pensións e para demandar unhas prestacións dignas.

Ducias de persoas déronse cita na concentración que tivo lugar a carón do farol de Urzaiz a partir das 11:30 horas. Ao remate da protesta denunciaron que as últimas subas na contía das pensións imposibilitaron a recuperación do poder adquisitivo perdido polos pensionistas e chamaron a cidadanía a participar “nunha loita que é de todos e todas”.

También te puede interesar